Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña ![]() | ||||
Capital | Rianxo ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.748 (2024) ![]() | ||||
Xentilicio | rianxeiro ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 58,8 km² ![]() | ||||
Bañado por | Océano Atlántico ![]() | ||||
Altitude | 4 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Julián Bustelo Abuín ![]() | ||||
Eleccións municipais en Rianxo ![]() | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15920 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15072 ![]() | ||||
Sitio web | rianxo.gal ![]() |
Rianxo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Linda ao norte cos municipios de Lousame e Rois, ao oeste con Boiro, ao leste con Dodro e Catoira a través da Ponte de Catoira sobre o río Ulla, e ao sur coa ría de Arousa. Sitúase a menos de 50 km de Santiago de Compostela e a 150 km da capital de provincia galega máis distante: Ourense.
Segundo o IGE no 2015 tiña unha poboación de 11.386 habitantes[1] (11.729 en 2012, 11.780 en 2011, 11.826 en 2010), o que o converte no terceiro concello en poboación da comarca, despois de Ribeira e Boiro. O concello posúe unha densidade de poboación de 197,24 hab./km² e unha superficie de 58,8 km².
O seu xentilicio é rianxeiro/rianxeira.