Tipo | rexión xeográfica | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | España | |||
| ||||
Características | ||||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 16 de xullo de 1996 | |||
Identificador | 1228 | |||
A Ribeira Sacra é unha paraxe natural galega que comprende as ribeiras dos ríos Sil, Cabe e Miño. Sitúase na zona sur da provincia de Lugo e a zona norte da de Ourense. A súa capital acordouse que fose a vila lucense de Monforte de Lemos.
O 5 de abril de 2019, o Consello de Patrimonio Histórico do Ministerio de Cultura aprobou a súa candidatura para formar parte da lista de Patrimonio da Humanidade da UNESCO. A decisión tomarase no 45º Comité de Patrimonio Mundial, no verán de 2021.[1][2]