Ricardo Zunino

Modelo:BiografíaRicardo Zunino

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de abril de 1949 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
San Juan, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro, piloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata

Ricardo Héctor Zunino, nado o 13 de abril de 1949, Cidade de San Juan, Arxentina, é un ex-piloto de automobilismo, que participou na Fórmula Un desde 1979 ata 1981.

Competiu en 11 Grandes Premios de Fórmula 1. No Gran Premio do Canadá de 1979 substituíu a Niki Lauda na escudería Brabham, chegando sétimo. Despois do Gran Premio de Francia de 1980 foi substituído por Héctor Rebaque.

En 1981 correu para Tyrrell os Grandes Premios do Brasil e a Arxentina. As súas dúas mellores actuacións foron en carreiras fóra de campionato: o Gran Premio de España de 1980 e o Gran Premio de Suráfrica de 1981, ambos con Brabham, chegando a estar segundo nesta última.

En 1979 gañou unha carreira do campionato Aurora, a bordo dun Arrows, no circuíto de Brands Hatch.

Na Arxentina tivo unha destacada actuación no Turismo Nacional, coroándose Campión Arxentino da clase "C" en 1975 e 1976, alternando un Fiat 125 cun Fiat Coupé.

Logo da súa retirada das pistas, dedicouse a negocios de hostalería na súa provincia natal.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne