Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de agosto de 1930 Hollywood, Estados Unidos de América |
Morte | 20 de setembro de 1989 (59 anos) Bordeos, Francia |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Premios | |
Paul Richard "Richie" Ginther, nado o 5 de agosto de 1930 no barrio de Granada Hills,[1] (Os Ánxeles), e finado o 20 de setembro de 1989 en Francia, foi un piloto de carreiras dos Estados Unidos. Durante a súa variada carreira, Ginther gañou o Gran Premio de México de 1965 a primeira vitoria de Honda nun Gran Premio, unha vitoria que tamén resultaría ser a única vitoria de Ginther na Fórmula 1. Ginther competiu en 54 carreiras do Campionato do Mundo de Fórmula Un, e moitas outras carreiras de F1 fora do campionato.