Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Frederick Jay Rubin 10 de marzo de 1963 (61 anos) Lido Beach, Estados Unidos de América (pt) |
Residencia | Long Beach |
Relixión | Budismo |
Educación | Universidade de Nova York Long Beach High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | produtor musical, compositor, guitarrista, guionista, director de cinema |
Período de actividade | 1982 - |
Xénero artístico | Música rock, música hip hop, heavy metal e Música country |
Influencias | |
Patrimonio estimado | 250 M$ |
Instrumento | Guitarra, piano e Sampler |
Selo discográfico | Epic Records Warner Bros. Records Columbia Records American Recordings Def Jam Recordings (1983–) |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Frederick Jay Rubin, nado en Long Island (Nova York) o 10 de marzo de 1963, é un produtor musical estadounidense coñecido sobre todo polo seu traballo no rap e o heavy metal.
Foi a principal figura na fusión entre o rap e o hard rock ao unir a Run DMC e a Aerosmith na canción "Walk This Way". Foi tamén importante a súa persoa na fusión entre o rap e o heavy metal aparecendo o metal alternativo, o nu metal e outros estilos. A MTV dixo del que era "o máis importante produtor dos últimos 20 anos".
Ademais de ser produtor tamén é músico, sendo o DJ original dos Beastie Boys, e empresario discográfico, co-fundando Def Jam Records con Rusell Simons e máis tarde fundando American Recordings.