Rinoceronte branco do norte | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Angalifu, un rinoceronte do norte macho no zoo de San Diego. Angalifu morreu o 14 de decembro de 2014.[1] | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Crítico[2] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
![]() En laranxa, a distribución da subespecie do norte.
|
O rinoceronte branco do norte (Ceratotherium simum cottoni) é unha das dúas subespecies de rinoceronte branco (sendo a outra o rinoceronte branco do sur). Outrora, era común en diversos países do leste e do centro de África, mais no presente só quedan dous exemplares vivos da subespecie, ámbolos dous femias, o que fai que esta subespecie estea funcionalmente extinta. As dúas femias pertencen ó zoo Dvůr Králové da República Checa pero viven na reserva Ol Pejeta de Kenya e están constantemente protexidas por gardas armados.