Robert Norton Noyce, nado en Burlington (Iowa) o 12 de decembro de 1927 e finado en Austin (Texas) o 3 de xuño de 1990, foi un físico estadounidense. Alcumado "o alcalde de Silicon Valley", foi cofundador de Fairchild Semiconductor en 1957 e Intel en 1968. É recoñecido xunto con Jack Kilby como o inventor do circuíto integrado ou microchip, motor da revolución dos computadores persoais, e por dar o nome a Silicon Valley.[1] Noyce ideou métodos prácticos para producir circuítos integrados en masa e foi considerado un modelo para unha xeración de emprendedores.