Rocket from the Crypt | |
---|---|
![]() | |
Orixe | San Diego (California), ![]() |
Período | 1989 - 2005 |
Xénero(s) | punk rock, rock and roll, rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Cargo, Headhunter, Sympathy for the Record Industry, Perfect Sound, Interscope, Flapping Jet, Vagrant, Swami |
Membros | Speedo Petey X ND Elaina Sean Atom Willard Apollo 9 JC 2000 Ruby Mars |
Na rede | |
http://www.rftc.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Rocket from the Crypt foi unha banda estadounidense de rock liderada por John Reis, formada en 1989 en San Diego (California) e desaparecida no ano 2005.
A banda gañou a aclamación da crítica e a atención dos grandes selos despois do lanzamento do seu álbum de 1992 Circa: Now!, que levouna a asinar un contrato con Interscope Records. O grupo experimentou un aumento de popularidade coa edición dos álbums Scream, Dracula, Scream! (1995) e RFTC (1998), acompañados por numerosos sinxelos e EPs publicados a través de selos independentes. Porén, as vendas non foron tan altas como se agardaba e Interscope centrou a súa atención en grupos que lle aportasen máis cartos. Rocket from the Crypt deixou o selo e pouco despois o batería Atom Willard abandonou a banda.
Despois dun período de inactividade en 1999 e 2000, durante o cal Reis formou Hot Snakes e Sultans e creou o seu selo Swami Records, a banda asinou con Vagrant Records e recrutou ao novo batería Ruby Mars. O grupo editou dous álbums máis e nos seguintes anos os seus membros comezaron a involucrarse noutros proxectos, centrándose menos en Rocket from the Crypt. Decidiron separarse en 2005 realizando un concerto de despedida en San Diego o día de Halloween.