Rolls-Royce Trent 7000 | |
---|---|
Tipo | turboventilador |
Fabricante | Rolls-Royce |
Primeiro encendido | 27 de novembro de 2015 |
Principais aplicaciós | Airbus A330neo |
Desenvolvido do | Rolls-Royce Trent 1000 |
O Rolls-Royce Trent 7000 é un motor turboventilador de alta derivación fabricado por Rolls-Royce. Trátase dunha variante da familia Trent que equipa exclusivamente ao Airbus A330neo.[1] O motor anunciouse o 14 de xullo de 2014[1] e o seu primeiro acendido realizouse o 27 de novembro de 2015.[2] O seu primeiro voo foi o 19 de outubro de 2017 a bordo do A330neo. A súa primeira entrega foi o 26 de novembro e aprobouse para ETOPS 330 o 20 de decembro. Comparado co Trent 700 do A330, o 7000 dobra o cociente de derivación ata 10:1 e é a metade de ruidoso. O cociente de presión aumenta ata 50:1, e ten un ventilador de 280 cm e un sistema de purgado de aire. O consumo de combustible tamén mellora nun 11%.