Ronnie Peterson

Modelo:BiografíaRonnie Peterson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Bengt Ronnie Peterson Editar o valor en Wikidata
14 de febreiro de 1944 Editar o valor en Wikidata
Örebro, Suecia Editar o valor en Wikidata
Morte11 de setembro de 1978 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Milán, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteembolia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSuecia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCarreira automobilística, carro de Fórmula 1 (pt) Traducir, Fórmula 1 e carreira de Fórmula 1 Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpiloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
-March Engineering
-Team Lotus
-Tyrrell Racing
-Theodore Racing Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteVem är det 1977 (en) Traducir, (sec:Peterson, B Ronnie, p.822) Editar o valor en Wikidata
Sitio webronniepeterson.se… Editar o valor en Wikidata
Discogs: 463621 WikiTree: Petersson-315 Find a Grave: 8414 Editar o valor en Wikidata

Bengt Ronnie Peterson, nado o 14 de febreiro de 1944 e finado o 11 de setembro de 1978, foi un piloto de carreiras sueco dúas veces subcampión do Campionato do Mundo de Pilotos de Fórmula 1 da FIA.

Peterson comezou a súa carreira no automobilismo no karting, tradicionalmente a disciplina na que a maioría dos pilotos comezan a competir. Logo de gañar varios títulos desta especialidade, entre eles dous títulos de Suecia en 1963 e 1964, cambiouse a Fórmula Tres. Ese mesmo ano gañou o Campionato de Europa de Fórmula Tres e sobe ata Fórmula Un, correndo para March Engineering. Nos seus tres anos neste equipo, fixo catro podios, todos eles na tempada de 1971 na que tamén rematou como subcampión no Campionato de Pilotos.

Logo do seu contrato de tres anos en March, Peterson uniuse ao Team Lotus de Colin Chapman en 1973, como compañeiro do campión Emerson Fittipaldi. Durante as súas primeiras dúas tempadas con Lotus, Peterson obtivo sete vitorias, marcando unha marca persoal de 52 puntos en 1973. Logo dunha pobre tempada en 1975, Peterson volveu a March e anotou a súa vitoria final para o equipo no Gran Premio de Italia de 1976. Logo de pasar a tempada de Fórmula Un de 1977 con Tyrrell, trasladouse de novo a Lotus para a tempada de 1978 como "número dous" do piloto Mario Andretti. Peterson anotou dúas vitorias, en Suráfrica e Austria, e terminou segundo na clasificación do campionato de pilotos a pesar do seu mortal accidente na primeira volta en Monza durante o Gran Premio de Italia.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne