![]() | |
---|---|
Características técnicas | |
Tipo de misión: | Orbitador/Módulo de descenso de Cometa |
Duración da misión: | 12 anos |
Outros nomes do orbitador: | 2004-006A, 28169 |
Nome do módulo de descenso: | Philae |
Data de lanzamento: | 2 de marzo de 2004 |
Lugar e hora de lanzamento: | Centro Espacial de Kourou ás 07:17 UT. |
Lanzadeira: | Ariane 5 V-158 |
Peso do orbitador e o lander: | 3.000 kg |
Asistencias gravitacionais: | 3 da Terra: 4-3-05, 13-11-07 e 13-11-09 1 de Marte: 25-02-07 |
Obxectivo do lander: | Cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko |
Chegada do orbitador: | Agosto de 2014 |
Descenso do módulo: | Novembro de 2014 |
Rosetta foi unha nave espacial robótica deseñada, construída e lanzada pola ESA, o seu obxectivo principal foi o cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko.
O nome da sonda é unha homenaxe á Pedra Rosetta que permitiu a Jean-François Champollion descifrar os xeroglíficos exipcios, fai alusión ao obxectivo científico da misión de coñecer mellor os elementos mais antigos do sistema solar (asteroides e cometas). O nome do lander, Philae, fai referencia á illa do río Nilo onde se atopou o obelisco de Philae que permitiu coñecer as consoantes do exipcio.
A misión foi aprobada pola ESA no ano 1993. A data de lanzamento foi programada para xaneiro do 2003 e tiña coma obxectivo ir ao encontro do cometa 46P/Wirtanen no ano 2011. Atrasos no lanzamento da nave, co conseguinte peche da ventá de oportunidade, fixeron mudar o obxectivo ao cometa 67P/Churyumov–Gerasimenko.[1]
O control da misión estivo a cargo da DLR.