Roubo

Ladróns roubando á man armada.

O roubo[1] é un crime no que se tenta tomar cousas de valor pola forza, a ameaza e o medo contra a vítima. Segundo a dereito anglosaxón, defínese o roubo como tomar a propiedade doutro, co obxectivo de privar permanentemente a esa persoa da propiedade, por medios como a forza e o medo; é dicir, é un furto acompañado por un asalto.[2] As definicións precisas do crime poden variar entre as diferentes xurisdicións. O roubo diferénciase doutras formas de furto pola súa inherente natureza violenta; mentres que outras formas menores de furto son castigadas como delitos penais, o roubo é sempre un crime nas xurisdicións que diferencian entre os dous. Segundo a lei inglesa, moitas formas de furto son ofensas, mentres que o roubo é un acto criminal.

Entre os diferentes tipos de roubo están o roubo á man armada, que implica unha arma e o roubo agravado, que implica o uso de armas mortais. Os atracos adoitan ter lugar no exterior e en espazos públicos como beirarrúas, rúas ou aparcadoiros. O roubo dun coche é o acto de roubar un coche á vítima pola forza. A extorsión é a ameaza de facer algo ilegal, ou a oferta de non facer algo ilegal no caso de que os bens non sexan entregados. Neste caso empréganse principalmente as palabras no canto de accións.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para roubo.
  2. "Carter, Floyd J. vs U.S.". 12 de xuño de 2000. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2006. Consultado o 4 de maio de 2008. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne