Royal Albert Hall | |
---|---|
![]() Royal Albert Hall | |
Cidade | Cidade de Westminster |
País | Reino Unido |
Coordenadas | 51°30′04″N 0°10′39″O / 51.50105, -0.17748 |
Arquitecto/s | Francis Fowke e Henry Young Darracott Scott |
Inauguración | 1871 |
Na rede | |
http://www.royalalberthall.com | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Teatro Royal Albert Hall das Artes e das Ciencias de Londres, é un dos teatros máis coñecidos do mundo. Inaugurado o 29 de marzo de 1871, ten unha capacidade para 8.000 espectadores. Foi construído para a Raíña Vitoria de Inglaterra en memoria do seu falecido marido, Alberte de Saxonia-Coburgo e Gotha. É unha das construcións máis distintivas do Reino Unido. Dende a súa inauguración, pasaron polo seu escenario os máis destacados artistas do mundo da música. Foi sede de galas benéficas, entregas de premios, banquetes, incluso torneos de tenis. Alberga o órgano máis grande de Inglaterra e actualmente é a sede do The Proms un festival de música que se realiza todos os anos con acompañamento orquestral e bandas de pop.