Ruby on Rails | |
---|---|
![]() | |
Data | 2004 |
Deseñador | Rails Core Team |
Última versión | 3.2.11 |
Sistema operativo | Multiplataforma |
Licenza | Licenza MIT |
Web | rubyonrails.org |
Ruby on Rails é un framework de aplicacións web libre. Pretente incrementar a velocidade e facer máis sinxelo o desenvolvemento de sitios web, e ofrece un framework de código esqueleto (andamiaxe). Normalmente chamado como Rails, ou RoR, Ruby on Rails é un proxecto software libre escrito en Ruby, segundo o paradigma de deseño MVC Modelo-Vista-Controlador. A linguaxe de programación Ruby permite a metaprogramación, do cal Rails fai uso, o que resulta nunha sintaxe que moitos usuarios encontran moi lexible. Rails distribúese a través de RubyGems, que é o formato oficial de paquete e canal de distribución de librerías e aplicacións Ruby.