Na Idade Media, a ruta comercial do Volga conectaba o norte de Europa e o noroeste de Rusia co mar Caspio e o Imperio Sasánida, a través do río Volga.[1][2] Os rus utilizaron esta ruta para comerciar cos países musulmáns nas costas sur do mar Caspio, ás veces penetrando ata Bagdad. Os poderosos búlgaros do Volga formaron unha confederación seminómade e comerciaron polo río Volga cos viquingos de Rus' e Escandinavia (suecos, daneses, noruegueses) e co sur do Imperio Bizantino.[3] Ademais, a Bulgaria do Volga, coas súas dúas cidades Bulgar e Suvar ao leste do que hoxe é Moscova, comerciaba cos rusos e cos ugors, vendedores de peles.[3][4] O xadrez foi introducido na Rus medieval a través das rutas comerciais do Caspio-Volga dende Persia e Arabia.[5]
A ruta funcionaba ao mesmo tempo coa ruta comercial do Dniéper, máis coñecida como a ruta comercial dos varegos aos gregos, perdeu a súa importancia no século XI.