Saab 18 | |
---|---|
![]() | |
Tipo | bombardeiro, recoñecemento |
Fabricante | Saab |
Deseñado por | Carl Haddon, Frid Wänström |
Primeiro voo | 19 de xuño de 1942 |
Introducido | 1944 |
Retirado | 1959 |
Principais usuarios | Forza Aérea de Suecia |
Produción | 1944 - 1948 |
Unidades construídas | 245 |
O Saab 18 foi un avión bimotor de bombardeo e recoñecemento deseñado e construído por Svenska Aeroplan AB (SAAB) para ser usado na Forza Aérea de Suecia en resposta a unha competición de deseño de 1938. Debido a atrasos, non entrou en servizo ata 1944, pero converteuse rapidamente no bombardeiro estándar da Forza Aérea. Realizou os roles de bombardeiro, recoñecemento e ataque ao chan, e tamén axudou ao desenvolvemento de asentos exectables e mísiles guiados aire-superficie ata ser substituído polo Saab Lansen a finais dos anos 50.