Saab 32 Lansen | |
---|---|
Tipo | caza, ataque e recoñecemento |
Fabricante | Saab |
Primeiro voo | 3 de novembro de 1951 |
Introducido | 1956 |
Retirado | 1997 |
Principais usuarios | Forza Aérea de Suecia |
Produción | 1954 - 1960 |
Unidades construídas | 450 |
O Saab 32 Lansen é un avión militar transónico bipraza deseñado e fabricado Saab de 1955 a 1960 para a Forza Aérea de Suecia (Flygvapnet). Construíronse tres variantes principais do Lansen como avión de ataque (A 32A), caza (J 32B), e recoñecemento (S 32C). Durante a súa longa vida operacional o Saab 32 tamén operou como plataforma de guerra electrónica e remolcador de brancos.