Sabah é un dos estados federais de Malaisia. Situado no extremo nordeste da grande illa de Borneo, ocupa unha extensión de 73 711 km².
No ano 2010 tiña unha poboación de 3 117 405 habitantes, polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 40,96 hab./km²
A súa capital é a cidade de Kota Kinabalu (antigamente Jesselton).