Sabor acedo

Limón, froita rica en ácido cítrico.

O sabor acedo describe un dos cinco gustos principais. Prodúcese por solucións ácidas, como a solución de ácido cítrico. Exemplos de alimentos acedos: limón, laranxa, ananás, ameixas.

En portugués a palabra "azedo" refírese a algo estragado, usando a palabra ácido para o sabor acedo.

O diagrama representa a vía de transdución do sinal do sabor acedo ou salgado. O obxecto A é unha papila gustativa, o obxecto B é unha célula receptora do gusto dentro do obxecto A e o obxecto C é a neurona unida ao obxecto B. I. A parte I é a recepción de ións hidróxeno ou ións sodio. 1. Se o sabor é ácido, os ións H+, procedentes de substancias ácidas, pasan polas canles H+. Prodúcese a despolarización II. A parte II é a vía de transdución das moléculas de relé. 2. Ábrense canles de catión, como K+. III. A parte III é a resposta da célula. 3. Actívase un influxo de ións Ca+. 4. O Ca+ activa os neurotransmisores. 5. Envíase un sinal á neurona unida á papila gustativa.

Este sabor detecta o nivel de acedume. A acedume das substancias calcúlase en relación co ácido clorhídrico diluído, que ten un índice de acidez de 1. En comparación, o ácido tartárico ten un índice de acidez de 0,7, o ácido cítrico un índice de 0,46, e o ácido carbónico un índice de 0,06.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne