![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O sabre[1] é unha arma branca curva e, xeralmente, dun só fío, pensada para cortar, habitualmente usada en cabalaría e infantaría (oficiais) no século XIX e mesmo XX. Este carácter curvo da folla e o seu fío único, diferenza tradicionalmente o sabre da espada.
Esta arma branca é de tallo e xurdiu pola necesidade da velocidade en combate. Esta velocidade lógrase ao cortar e non deixar incrustada a folla da arma no corpo do adversario (ao contrario da maioría das espadas dunha man, que son de estocada).
A curvatura, que está situada xeralmente desde a punta até a metade do sabre, xera un tallo profundo. Esta curvatura pretende conseguir, en teoría, que un home a cabalo, ao descargar o brazo con esta arma, debuxe un amplo círculo sobre o infante logrando que no punto de corte o sabre sempre sexa tanxencial. Por esta razón non se ensarta, senón que corta, co que aumenta a ferida sen cravar a arma. Debido a iso os sabres pensados para cabalaría teñen unha gran curvatura, son case circulares; os pensados para infantaría posúen unha curvatura menor, pois debe concederse importancia á función defensiva: manter afastado o inimigo e parar os seus golpes.
Baixo estas consideracións, a tradicional catana xaponesa é tecnicamente un tipo de sabre. Na actualidade o sabre está totalmente descartado como arma ofensiva; a súa única función é a de complemento de uniforme e distintivo de mando do oficial do exército. Por esta razón a calidade dos materiais para a súa confección minguou notoriamente.