![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2017.) |
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Un sacrificio humano é a oferta dun ser humano a unha divindade en homenaxe ou expiación. Nun sentido amplo, é toda morte ritual dunha ou varias persoas nas mans dun terceiro ou unha institución nun contexto relixioso.
Os sacrificios humanos foron practicados en moitas culturas antigas en todo o planeta con diversos roles, desde o de agradar aos deuses ata o de adiviñar o futuro. Así mesmo o sacrificio humano serviu como propaganda entre relixións: xa na Biblia demonizaron as relixións veciñas e logo os membros da igrexa católica lexitimaron a evanxelización forzosa da Europa báltica, acusándoos de sacrificios humanos sen probas. Incluso actualmente as igrexas protestantes fan o mesmo para obter adeptos na India e África atacando as súas relixións tradicionais [Cómpre referencia].