Safranina | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
![]() Safranina sólida
|
![]() Safranina en solución acuosa
|
Safranina | |
Identificadores | |
Número CAS | 477-73-6 |
PubChem | 2723800 |
ChemSpider | 2005991 |
ChEBI | CHEBI:33601 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C20H19ClN4 |
Masa molar | 350,84 g mol−1 |
Solubilidade en auga | Soluble |
Perigosidade | |
Pictogramas GHS | ![]()
|
Palabra sinal GHS | Danger (perigo)[2] |
declaración de perigosidade GHS | 315 318[2] |
declaración de precaución GHS | 264 280 302+352 305+351+338 310 332+313 362[2] |
Frases R | R36/38[1] |
NFPA 704 | |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A safranina (tamén chamada Safranina O ou vermello básico 2) é unha tingidura biolóxica usada en histoloxía e citoloxía. A safranina úsase como tinguidura de contraste nalgúns protocolos de tinguidura, e colorea os núcleos celulares de vermello. É o colorante de contraste clásico nas tinguiduras de Gram, e de endósporas. Pode usarse tamén para a detección de cartilaxe,[3] mucina e os gránulos dos mastocitos.
A safranina ten a estrutura química mostrada na imaxe da dereita (ás veces descrita como dimetil safranina). Existe tamén a trimetil safranina, na que se engadiu un grupo metilo na posición orto- do anel inferior. Ambos os compostos compórtanse esencialmente igual nas aplicacións en tinguiduras biolóxicas, e a maioría dos fabricantes de safranina non distinguen entre as dúas. As preparacións de safranina comerciais adoitan conter unha mestura dos dous tipos.
A safranina tamén se usa como indicador redox en química analítica.