Saga de Erik o Roxo

Saga de Erik o Roxo
Título orixinalEiríks saga rauða
Linguanórdico antigo
Xénero(s)Saga
Primeira edición galega
EditorialRinoceronte Editora
Data de pub.2010
Páxinas93
Na rede
BNE: XX3589558
editar datos en Wikidata ]

A Saga de Erik o Roxo (nórdico antigo: Eiríks saga rauða) é unha obra literaria en prosa que narra as aventuras dun grupo de viquingos que colonizaron Groenlandia, Marklandia e Vinlandia.

Esta é unha das sagas islandesas do século XIII, de autor anónimo. Consérvanse dúas versións diferentes en senllos manuscritos: o Hauksbók (século XIV) e mais o Skálholtsbók (século XV).

Foi editada en galego por Rinoceronte Editora, cunha tradución de Elías Portela.[1]

  1. "Saga dos Groenlandeses. Saga de Erik o Roxo - Rinoceronte Editora - LG3 - O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2024-08-21. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne