Fornaldarsögur 'Sagas lendarias' | |
---|---|
Páxina manuscrita da Völsunga saga, unha das sagas lendarias que comparte temas coa canción dos Nibelungos e a mitoloxía xermánica. | |
Título orixinal | Fornaldarsögur |
Autor/a | Autores anónimos |
Orixe | Islandia |
Lingua | Islandés antigo |
Xénero(s) | Saga |
Data de pub. | Séculos XIII-XIV (para as sagas orixinais) |
[ editar datos en Wikidata ] |
As sagas lendarias (Fornaldarsögur) son un tipo de saga que relatan acontecementos que teñen lugar antes da colonización de Islandia,[1] a acción sitúase as máis das veces en Escandinavia inda que a acción se poida mover temporalmente a outras localizacións de Europa e nalgunhas aparecen referencias a Galicia, á que os viquingos chamaban "Galizuland" ou "Jakobsland".[2] Aparecen moitos elementos mitolóxicos pero teñen tamén valor histórico. Consérvanse 36 e divídense en tres grupos principais: as que tratan de temas épicos comúns aos pobos de lingua xermánica; as que tratan de expedicións bélicas e por último as de aventuras.
Estas sagas están impregnadas de elementos mitolóxicos, pero tamén proporcionan visións da cultura e historia nórdica.[3] Consérvanse 36 destas sagas,[1] e poden ser agrupadas en tres categorías principais: aquelas que abordan temas épicos compartidos entre os pobos de lingua xermánica; as que describen expedicións bélicas; e aquelas centradas en aventuras.