Sailor Moon

Sailor Moon
{{{caption}}}
美少女戦士セーラームーン
(Bishōjo Senshi Sērāmūn)
Manga Sailor Moon
Creado por Naoko Takeuchi
Editor Nakayoshi, Run Run
Publicado en Kodansha
Primeira edición 28 de febreiro de 1991
Última edición 3 de febreiro de 1997
Núm. de volumes 18
Anime Sailor Moon
Dirixido por Junichi Satō
Kunihiko Ikuhara
Takuya Igarashi
Estudio Toei Animation
Canle televisiva Xapón TV Asahi
Galicia TVG
Primeira emisión 7 de marzo de 1992
Última emisión 8 de febreiro de 1997
Núm. de capítulos 200
Anime Sailor Moon Crystal
Dirixido por Munehisa Sakai (Tempada 1 e 2)
Chiaki Kon (Tempada 3)
Estudio Toei Animation
Canle televisiva Tokyo MX
Primeira emisión 5 de xullo de 2014
Última emisión presente
Núm. de capítulos 39
Filmes

Sailor Moon (美少女戦士セーラームーン Bishōjo Senshi Sērā Mūn?), tamén traducida ó galego como A guerreira Lúa, é unha serie xaponesa de manga escrita e ilustrada por Naoko Takeuchi. Foi convertida en serie anime por Nakayoshi entre 1991 e 1997. Os 52 capítulos individuais foron publicados en 18 volumes tankōbon. A serie conta as aventuras dunha moza de instituro chamada Usagi Tsukino que se transforma na Guerreira Lúa para buscar un artefacto máxico coñecido como o "Lendario Cristal de Prata" (「幻の銀水晶」 Maboroshi no Ginzuishō?). Durante a súa busca, lidera un grupo diverso de compañeiras, as Sailor Soldiers (セーラー戦士 Sērā Senshi?) que loitan contra personaxes malvadas que queren roubar o Cristal de Prata e destruír o sistema solar.

Os 18 volumes do manga foron adaptados nunha serie anime producida por Toei Animation.[1][2] A serie foi emitida no Xapón entre 1992 e 1997 durante cinco tempadas, e tivo tres filmes, un especial de televisión, e tres curtametraxes producidas no mesmo período. Unha serie de televisión de acción en vivo, Pretty Guardian Sailor Moon emitiuse entre 2003 e 2004 e un reboot do anime, titulado Sailor Moon Crystal comezou a emitirse en 2014. Numerosas compañías desenvolveron produtos de mercadotecnia baseados na serie, incluíndo novelas lixeiras, cartas coleccionables, figuras de acción, producións musicais de teatro e varios videoxogos. En Galicia, Sailor Moon foi emitido durante a década dos noventa pola canle autonómica TVG.

Dende a súa estrea, Sailor Moon recibiu a aclamación da crítica e converteuse nun dos mangas e animes máis populares de todo o mundo. A serie completa vendeu máis de 35 millóns de copias en todo o mundo, converténdose nunha das producións shōjo máis vendidas de tódolos tempos. Os críticos recoñeceron a arte, a caracterización e o humor da historia. O anime fíxose moi popular en varios países e é un dos responsables da popularización da animación xaponesa na cultura occidental.

  1. Toei Video (ed.). "Pretty Soldier Sailor Moon DVD-COLLECTION Vol.1". toei-video.co.jp (en xaponés). Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 20 de outubro de 2016. 
  2. "Pretty Soldier Sailor Moon DVD-COLLECTION Vol.2 (End)". toei-video.co.jp (en xaponés). Toei Video. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2014. Consultado o 20 de outubro de 2016. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne