Federation of Saint Kitts and Nevis (en) ![]() | |||||
Himno | Oh Land of Beauty! (pt) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Country Above Self (en) ![]() ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Basseterre ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Christ Church Nichola Town (pt) ![]() Saint Anne Sandy Point (pt) ![]() Saint George Basseterre (pt) ![]() Saint George Gingerland (pt) ![]() Saint James Windward (pt) ![]() Saint John Capisterre (pt) ![]() Saint John Figtree (pt) ![]() Saint Mary Cayon (pt) ![]() Saint Paul Capisterre (pt) ![]() Saint Paul Charlestown (pt) ![]() Saint Peter Basseterre (pt) ![]() Saint Thomas Lowland (pt) ![]() Saint Thomas Middle Island (pt) ![]() Trinity Palmetto Point (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 55.345 (2017) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 269,358763 km² ![]() | ||||
Punto máis alto | Monte Liamuiga (pt) ![]() ![]() | ||||
Punto máis baixo | Mar Caribe (0 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 27 de febreiro de 1967 ![]() | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía constitucional monarquía federal ![]() | ||||
• Monarca ![]() | Carlos III do Reino Unido (2022–) ![]() | ||||
• Prime Minister of St Kitts and Nevis (en) ![]() ![]() | Terrance Drew (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Nacional (São Cristóvão e Neves) (pt) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 860.844.444 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | Dólar Caribe-Leste ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .kn ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +1869 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 911 ![]() | ||||
Código de país | KN ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | gov.kn ![]() | ||||
![]() |
Saint Kitts e Nevis (i/-ˈkɪts ... ˈniːvɪs/)[1] (en inglés: Saint Kitts and Nevis e oficialmente Saint Christopher and Nevis) é un país do Caribe, constituído polas illas de Saint Kitts, ou Saint Christopher, e Nevis. Os territorios veciños máis próximos son as Antillas Holandesas no noroeste, Antiga e Barbuda polo leste e sueste, e Saint-Barthélemy, unha dependencia de Guadalupe, no norte. É o estado soberano máis pequeno no hemisferio occidental, tanto en superficie como en poboación.[2] O país é un reino da Commonwealth, con Carlos III do Reino Unido como rei e xefe do Estado.[3][4]
A súa capital é Basseterre na illa máis grande de Saint Kitts.[5] A pequena illa de Nevis está aproximadamente a 3 km. ao sueste a través dunha canle pouco profunda chamada The Narrows.[6]
A dependencia británica de Anguila tamén foi parte desta unión, que entón era coñecida colectivamente como Saint Christopher-Nevis-Anguila, así a todo optou por apartarse da unión e segue sendo un Territorio Británico de Ultramar.[7] Ao norte-noroeste atópanse as illas de Santo Eustaquio, Saba, Saint-Barthélemy, Saint-Martin / Sint Maarten e Anguila. Ao leste e ao nordés atópanse Antiga e Barbuda, e ao sueste a pequena illa deshabitada de Redonda (parte de Antiga e Barbuda) e a illa de Montserrat.
Saint Kitts e Nevis foron as primeiras illas do Caribe en colonizarse polos europeos. Saint Kitts foi o fogar das primeiras colonias británicas e francesas do Caribe, e así foi tamén chamada "A Colonia Nai das Indias Occidentais". [Cómpre referencia]