Sake

Sake servido nun vaso de vidro.

O sake[1] (en xaponés: ) é unha bebida orixinaria do Xapón, que se obtén por fermentación do arroz. Neste país é máis coñecido como nihonshu (日本酒), ou 'licor xaponés', malia que o nome técnico preciso é seishu (清酒), que é o que se amosa nas botellas. Cunha graduación alcohólica comprendida entre 14° e 16°, adóitase servir quente ou morno en pequenas cuncas.

En Occidente é habitual referise ó sake como "viño de arroz", malia que o proceso de produción é máis semellante ó da cervexa que ó do viño, xa que se produce unha dobre transformación: do amidón en azucre, e do azucre en alcohol. En contraste do que ocorre coa cerveza, onde o azucre se obtén por un proceso de maltaxe previo á fermentación, no caso do sake e estas dúas transformacións prodúcense de xeito simultáneo.

  1. Dicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012) Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne