Saliut 4 / DOS-4 | |
---|---|
![]() Diagrama da Saliut 4. | |
Tipo | Científico / tecnolóxico / tripulado |
Contratistas principais | TsKBEM |
Data de lanzamento | 26 de decembro de 1974, 4:15 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Proton K[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur, rampla 81/23[2][6] |
Obxectivo da misión | Comprobación dos sistemas e elementos da estación espacial, estudo do efecto no corpo humano de estancias prolongadas no espazo, observacións astronómicas en raios X.[2][6] |
Decaemento | 2 de decembro de 1977[1] |
NSSDC ID | 1974-104A |
Masa | 18.500 kg[5] |
Saliut 4, tamén coñecida como DOS-4, foi a cuarta estación espacial da Historia e a segunda exitosa de tipo DOS despois da Saliut 1. A segunda e terceira foron as Saliut 2 e Saliut 3, ambas estacións militares de tipo Almaz. Foi lanzada o 26 de decembro de 1974 pola extinta Unión Soviética mediante un foguete Proton K desde o cosmódromo de Baikonur.[2][5][6]