Salterio dos Apalaches

Salterio dos Apalaches
Nomes alternativos:Salterio das Montañas, Dulcimer

O salterio dos Apalaches (en inglés: Appalachian dulcimer), tamén coñecido como o Salterio das Montañas Apalaches (en inglés: Mountain Dulcimer ), é un instrumento de corda con trastes da familia das cítolas e salterios usado na música popular estadounidense. Procede da rexión dos Montes Apalaches, da que deriva o seu nome. Fíxose moi coñecido na década de 2000 debido ao uso constante que a cantante e actriz Cyndi Lauper fixo deste instrumento.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne