San Lesmes | |
---|---|
Historial | ![]() |
Estaleiro | ? |
Clase | Navegación oceánica |
Tipo | carabela |
Botado | ? |
Baixa | xuño de 1526 |
Destino | Perdida no Pacífico. |
Características xerais | |
Desprazamento | 96 toneladas[1] |
Eslora | - |
Manga | - |
Puntal | - |
Propulsión | vela |
Tripulación | 50-70 homes (vascos, galegos e flamengos) |
Expedición de García Jofre de Loaísa |
A San Lesmes era unha das carabelas da expedición de García Jofre de Loaísa capitaneada por Francisco de Hoces e posteriormente por Diego Alonso de Solís que se perdeu no océano Pacífico, en 1526. No século XX atopáronse indicios dos seus restos en Amanu, unha das illas Tuamotu. Algunhas especulacións indican que a tripulación sobreviviu e que ou ben seguiron ata Australia, ou ben quedaron nas illas veciñas de Amanu deixando rastros culturais que chegarían ata Nova Zelandia.
San Lesmes é patrón de Burgos dende 1511. Alí fundouse en 1091 o mosteiro beneditino de San Juan Evanxelista, para atender os peregrinos do Camiño de Santiago.