San Antonio Spurs | |
---|---|
Información xeral | |
Conferencia | Oeste |
División | Suroeste |
Fundación | 1967 |
Historia | Dallas Chaparrals (1967–1970) Texas Chaparrals (1970–1971) Dallas Chaparrals (1971–1973) |
Cores | Negro, prata, branco |
G League | Austin Spurs |
Retirados | 9 (00, 6, 12, 13, 20, 21, 32, 44, 50) |
Localización | |
Cidade | San Antonio, Texas |
Pavillón | AT&T Center |
Capacidade | 18.581 espectadores |
Inauguración | 18 de outubro de 2002 |
Persoal | |
Propietario(s) | Peter Holt |
Presidente | Gregg Popovich |
Director | R. C. Buford |
Adestrador | Gregg Popovich |
Títulos | |
Campión | 5 (1999, 2003, 2005, 2007, 2014) |
Conferencia | 6 (1999, 2003, 2005, 2007, 2013, 2014) |
División | 22 (1978, 1979, 1981, 1982, 1983, 1990, 1991, 1995, 1996, 1999, 2001, 2002, 2003, 2005, 2006, 2009, 2011, 2012, 2013, 2014, 2016, 2017) |
spurs.com |
Os San Antonio Spurs son un equipo profesional de baloncesto estadounidense con sede na cidade de San Antonio, Texas. Xogan na División Suroeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA). Os Spurs son un dos catro antigos equipos da American Basketball Association (ABA) que se uniron á NBA en 1976 e o único deles en conseguir gañar o campionato. En total, o equipo gañou cinco títulos da NBA, sendo a cuarta franquía con máis títulos despois de Boston Celtics, Los Angeles Lakers e Chicago Bulls. Actualmente son o mellor equipo en activo da competición en canto á porcentaxe de vitorias.
Desde o seu ingreso na NBA, os Spurs gañaron 20 títulos de división, xogando sempre en play-offs excepto en catro ocasións. De feito, non deixaron de xogar nunca as eliminatorias polo título desde a chegada de Tim Duncan ao equipo en 1997. Na temporada 2014−15, os Spurs ampliaron o seu récord de máis temporadas consecutivas conseguindo máis de cincuenta vitorias con dezaseis (a temporada 1998−99 foi reducida a 50 partidos polo peche patronal, máis a súa porcentaxe de vitorias foi do 74%, co que terían superado facilmente as cincuenta vitorias nun ano normal con oitenta e dous partidos). Durante toda esta exitosa época, o adestrador do club ten sido o mesmo, Gregg Popovich.