San Francisco 49ers | |||||
---|---|---|---|---|---|
Fundado en 1946 Sede en Santa Clara, CA | |||||
| |||||
Afiliacións de Liga/Conferencia | |||||
All-America Football Conference (1946-1949)
National Football League (1950–presente)
| |||||
Uniforme actual | |||||
Cores | Escarlata, ouro | ||||
Mascota | Sourdough Sam | ||||
Cadro de persoal | |||||
Propietario(s) | Denise DeBartolo York John York (copropietarios) | ||||
CEO | Jed York | ||||
Presidente | Al Guido | ||||
Director xeral | John Lynch | ||||
Adestrador | Kyle Shanahan | ||||
Historia | |||||
| |||||
Alcume(s) | |||||
| |||||
Campionatos | |||||
Títulos de Liga (5)
| |||||
Conferencia (7)
| |||||
División (20)
| |||||
Estadios | |||||
|
Os San Francisco 49ers son un equipo profesional de fútbol americano con sede na Área da Baía de San Francisco. Forman parte da National Football League (NFL) como membro da National Football Conference (NFC) na súa División Oeste. O equipo xoga actualmente os seus partidos no Levi's Stadium de Santa Clara, California, cidade situada a 75 km ao sueste de San Francisco en pleno corazón de Silicon Valley. O equipo foi fundado en 1946 como membro da All-America Football Conference (AAFC), uníndose á NFL en 1949 coa fusión de ambas competicións. Os 49ers foron o primeiro equipo das grandes ligas estadounidenses en ter a súa sede en San Francisco. O nome de "49ers" provén do ano da chegada da febre do ouro ao norte de California: 1849. O equipo está legalmente rexistrado como os San Francisco Forty Niners, Ltd. A franquía comezou a xogar no Kezar Stadium de San Francisco, antes de mudarse ao Candlestick Park en 1970 e finalmente ao Levi's Stadium en 2014. A sede administrativa do equipo está en Santa Clara desde 1988.[1]
Os 49ers gañaron cinco títulos da Super Bowl entre 1981 e 1995, era na que estiveron liderados por xogadores como Joe Montana, Jerry Rice, Ronnie Lott ou Steve Young, xunto co adestrador Bill Walsh.[2][3] Alén diso, o equipo gañou un total de seis campionatos de conferencia, o primeiro en 1981 e o último en 2012. Tamén posúen un total de dezanove campionatos de división entre 1970 e 2012, facendo ao equipo un dos máis laureados da historia da competición. Debido a isto, os 49ers son posuidores de moitos récords da NFL, incluído o maior número de presenzas en finais de conferencia (15, empatados cos Pittsburgh Steelers), a maior xeira de vitorias consecutivas como visitante (18) ou máis partidos consecutivos anotando (de 1979 a 2004). De acordo a Forbes Magazine, os 49ers son a cuarta franquía máis valiosa da NFL,[4] e o décimo equipo deportivo a nivel mundial, por detrás de Los Angeles Lakers e por diante do Bayern München.[5]