San Salvador de Camba | |
---|---|
Igrexa de San Salvador de Camba. | |
Concello | Rodeiro[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°41′58″N 7°54′17″O / 42.699528893105, -7.9047700542638 |
Poboación | 112 hab. (2012) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Salvador de Camba é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 112 habitantes (57 mulleres e 55 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 186 habitantes.
Nesta parroquia naceron o monxe Manuel García Gil, o alcalde de Rodeiro Luís López Diéguez, o filósofo Ramón Regueira Varela e o sacerdote Javier Vales Faílde.