Sanchinarro

Modelo:Xeografía políticaSanchinarro

Localización
Mapa
 40°29′27″N 3°39′24″O / 40.49073, -3.656582
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade de Madrid
ConcelloMadrid Editar o valor en Wikidata

Sanchinarro é unha área residencial do barrio de Valdefuentes, no distrito de Hortaleza da cidade de Madrid. Xurdiu a raíz do Programa de Actuación Urbanística (PAU), derivado á súa vez do Plan Xeral de Ordenación Urbana de 1997. Comezouse a construír a principios da década do 2000. Está situado ao leste da autovía A-1, ao norte da autovía M-11 e ao sur e oeste da autovía de circunvalación M-40. Ten unha superficie de algo máis de 400 hectáreas.

Sanchinarro linda ao oeste con Las Tablas, ao norte coa urbanización El Encinar de los Reyes, ao leste con Valdebebas, e ao sur coa Colonia Virgen del Cortijo e Manoteras.

Sanchinarro ten un edificio singular, o edificio Mirador, de 21 plantas con forma de cadrado co interior baleiro que enmarca as vistas á Serra de Guadarrama. Foi deseñado polo estudo MVRDV e Blanca Lleó. O barrio ten tamén un gran centro comercial de El Corte Inglés e dous hospitais privados.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne