Santuario de Loiola | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | monumento, santuario e igrexa ![]() | |||
Estilo | Barroco ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | País Vasco | |||
Provincia | Guipúscoa | |||
Comarcas | Urola Kosta | |||
Concello | Azpeitia | |||
Asentamento | Loiola ![]() | |||
Construción | ||||
Fundación | 1738 ![]() | |||
Implicados | ||||
Arquitecto(s) | Carlo Fontana e Ignacio Ibero ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 17 de xaneiro de 1964 | |||
Identificador | RI-51-0001480 | |||
| ||||
Patrimonio construído vasco salientable | ||||
Identificador | 29 | |||
Composto por | ||||
Basílica de San Ignacio de Loiola e Casa Santa ![]() | ||||
[ Wikidata ] |
O Santuario e Basílica de Loiola é un complexo monumental e relixioso construído ó redor da casa natal de Ignacio de Loiola, fundador da Compañía de Xesús, coñecida como os Xesuítas. Atópase no barrio de Loiola do municipio guipuscoano de Azpeitia, no País Vasco. O santuario atópase a beiras do río Urola entre as poboacións de Azpeitia e Azcoitia.
Ignacio de Loiola, que en realidade se chamaba Iñigo López de Loiola, era fillo do señor de Loiola, Beltrán Ibáñez de Oñaz (cabeza dos Oñacinos), e da ondarresa Marina Sánchez de Licona, membro dunha importante familia oñacina biscaíña.[1] Naceu no ano 1491 na casa torre familiar de Loiola.[2]
A Compañía de Xesús converteuse nunha poderosa institución que tiña moita influencia na cúpula dirixente católica. Ignacio, o seu fundador, foi nomeado santo e, como era lóxico, a súa casa natal pasou a ser un lugar de devoción.[3] Cando no século XVII a casa torre onde nacera foi cedida ós xesuítas, estes construíron alí, ó redor da casa natal do seu fundador, todo un complexo relixioso no cal destaca a súa basílica.