Santuario do Bom Jesus do Monte

Modelo:Xeografía físicaSantuario do Bom Jesus do Monte
Imaxe
Tipobasílica menor
sacro monte (pt) Traducir
santuario
patrimonio cultural Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaNogueiró e Tenões, Portugal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónEstrada do Bom Jesus Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónTenões (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°33′17″N 8°22′39″O / 41.5546, -8.3775
Características
SuperficiePatrimonio da Humanidade: 26 ha
zona de protección: 232 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data2019, 2019 (?ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iv) Editar o valor en Wikidata
Identificador1590
Monumento pendente de clasificación
Monumento nacional de Portugal
Identificador73927
Historia
Data de creación ou fundación1772 Editar o valor en Wikidata

Sitio webbomjesus.pt Editar o valor en Wikidata
Escaleiras e igrexa do Bom Jesus do Monte.

O Santuario do Bom Jesus do Monte (ou Santuario do Bo Xesús de Braga) é un santuario construído a finais do século XVIII, que se localiza na freguesía de Tenões (dende 2013 fusionada na de Nogueiró), na cidade, concello e distrito de Braga, en Portugal. Trátase dun santuario católico dedicado ao Senhor Bom Jesus (advocación portuguesa de Xesús Cristo).

O santuario é un exemplo notábel de peregrinación. A súa característica máis prominente son as súas escaleiras monumentais barrocas, que salvan un desnivel de 116 metros e onde se desenvolve a Vía Sacra do Bom Jesus, unha área forestal (Parque do Bom Jesus), algúns hoteis e un funicular (Elevador do Bom Jesus). É unha importante atracción turística da cidade de Braga.

Foi elevado a basílica menor o 5 de xullo de 2015.[1]

A súa peculiar disposición serviu de inspiración para outras construcións, como por exemplo o Santuario da Nosa Señora dos Milagres do Medo en Baños de Molgas (Ourense), o Santuario de Nossa Senhora dos Remédios en Lamego, e o Santuario do Bom Jesus de Matosinhos na cidade de Congonhas, en Minas Gerais, no Brasil.

O 20 de xullo de 2015, foi presentada a candidatura do Bom Jesus a Patrimonio Mundial da Humanidade na Comisión Nacional da Unesco.[2]

  1. Agência Ecclesia (5 de xullo de 2015). "Braga: Santuário do Bom Jesus elevado a Basílica". Agência Ecclesia (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 21 de decembro de 2015. 
  2. "Bom Jesus de Braga candidato a Património da Humanidade". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 21 de decembro de 2015. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne