Sap | |||||
---|---|---|---|---|---|
EP de Alice in Chains | |||||
Data de edición: | 4 de febreiro de 1992 | ||||
Lanzamento: | |||||
Datas de gravación: | outono de 1991 | ||||
Estudio(s) de gravación: | London Bridge Studio, Seattle, Washington | ||||
Duración: | 20:49 | ||||
Xénero musical: | grunge, rock alternativo | ||||
Selo discográfico: | Columbia Records | ||||
Producido por: | Alice in Chains, Rick Parashar, Dave Jerden | ||||
Cronoloxía | |||||
|
Sap é un EP da banda estadounidense de grunge Alice in Chains, editado o 4 de febreiro de 1992 a través do selo Columbia Records.
Tras a xira do seu álbum Facelift, Alice in Chains entrou no estudio para gravar demos para o seu seguinte traballo, e rematou rexistrando cinco temas acústicos na súa vez. mentres estaban no estudio o batería Sean Kinney tivo un soño sobre "facer un EP chamado Sap"[1]. A banda decidiu "non meterse co destino", e Sap foi gravado en 1991 cos produtores Rick Parashar e Dave Jerden.