Sarraounia | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Sarraounia |
Director | Med Hondo |
Produtor | Med Hondo |
Guión | Med Hondo Abdoulaye Mamani |
Intérpretes | Aï Keïta |
Música | Pierre Akendengué Abdoulaye Cissé Issouf Compaore |
Fotografía | Guy Famechon |
Montaxe | Marie-Thérèse Boiché |
Estudio | Les Films Soleil O |
Estrea | ![]() |
Duración | 120 minutos |
Orixe | ![]() ![]() ![]() |
Orzamento | 3 000 000 dólares |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sarraounia é un filme histórico de 1986 escrito e dirixido por Med Hondo. Baséase nunha novela do mesmo nome do autor nixeriano Abdoulaye Mamani, quen tamén escribiu o guión.[1] A novela e o filme contan a historia real da batalla de Lougou entre a raíña Sarraounia dos azna (hausa animistas) e o exército das tropas coloniais francesas da Misión Voulet-Chanoine en 1899.[1] Sarraounia foi unha dos poucos líderes tribais africanos que resistiu o avance dos expansionistas franceses Paul Voulet e Julien Chanoine. O filme gañou o primeiro premio no Festival de Cinema e Televisión Panafricanas de Uagadugú e foi ben acollido pola crítica.