![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
![]() | Este artigo ou sección precisa contidos, imaxes ou perspectivas globais. Por favor, universalíceo. |
Sarxento[1][2] (sarx.[3] ou Sxto.) é un grao militar intermedio entre as clases de tropa e a oficialidade, que pertence, segundo o país e exército, a estas mesmas clases de tropa ou a unha escala denominada suboficiais.
Algúns corpos de policía e forzas de seguridade tamén adoptaron este grao, como cadros de mando intermedio.
Como grao militar atópase por vez primeira nos antigos sarxentos maiores dos Terzos Españois de Infantaría.
Na actualidade, as funcións do sarxento, como chanzo intermedio entre os oficiais e a tropa, adoitan consistir na instrución, o adestramento, a coordinación e a supervisión dos efectivos subordinados ao seu cargo, e ámbitos tanto instrutivos como operativos ou técnicos, asumindo o mando e liderado de unidades desde o pelotón ata a sección. Ademais, é o principal responsable da disciplina destes ante os seus superiores, e o primeiro elemento da cadea de mando ante quen pode o soldado buscar consello ou mostrar inquietudes persoais.