Sasuke Uchiha

Naruto
Nome real Uchiha Sasuke
Idade 12/13
Altura 150,8 cm/153,2 cm
Peso 42,2 kg/43,5 kg
Ocupación Gennin
Aldea Aldea Oculta de Konoha
País País do Lume
Mestre Kakashi Hatake
Equipo Equipo 7
Dōjutsu Sharingan
Relevancia Personaxe principal
Familia Clan Uchiha
Seiyū Noriaki Sugiyama
Naruto: Shippūden
Nome real Uchiha Sasuke
Idade 16
Altura 168 cm
Peso 52,2 kg
Ocupación Líder do equipo Taka
Aldea Aldea Oculta do Son - Sen Aldea
País País do Son
Mestre Orochimaru
Equipo Karin, Juugo, Suigetsu
Lume, Raio, Incendio
Relevancia Personaxe principal
Familia Clan Uchiha
Seiyū Noriaki Sugiyama
Jutsu
Armas

Chokutō (espada)

Estatísticas

Sasuke Uchiha (うちはサスケ Uchiha Sasuke?) é un personaxe do manga e anime Naruto. O seu nome provén dun lendario ninja chamado Sarutobi Sasuke e o seu apelido é outra forma de pronunciar "uchiwa", ou abano de papel, que é, de feito, o símbolo do clan Uchiha.

Sasuke procede do famoso clan Uchiha, o cal é un dos máis antigos e poderosos da aldea de Konoha. Foi un dos tres integrantes do grupo 7, o do mestre Kakashi Hatake, xunto con Naruto Uzumaki e Sakura Haruno. Ao principio a Naruto teno por un imbécil, aínda que acabará converténdoo no seu mellor amigo e tamén o seu rival. Valórao especialmente, xa que ambos comparten unha infancia atípica. Trae tola a Sakura, igual que a Ino Yamanaka, pero parece ser que a el non lle interesan tanto os enredos amorosos como o seu adestramento ninja e Naruto.

Segundo o propio Masashi Kishimoto, Sasuke é o personaxe que máis lle gusta debuxar e por iso volveuse un personaxe moi querido para el.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne