Saturno
|
|
Descubrimento
|
Descuberto por
|
civilizacións antigas
|
Descuberto
|
na antigüidade
|
Características orbitais
|
Distancia media do Sol
|
9,55495 UA 1 429 400 000 km
|
Raio medio
|
~9,53707032 UA 1,4267254·1012 m
|
Excentricidade
|
0,055 723 219
|
Período orbital (sideral)
|
29a 167d 6,7h (~9,3·108 s)
|
Período orbital (sinódico)
|
378,1 días(~3,27·107 s)
|
Velocidade orbital media
|
9672,4 m/s
|
Inclinación orbital
|
2,48446°
|
Número de satélites
|
~200 observados (62 con órbitas seguras)
|
Características físicas
|
Diámetro ecuatorial
|
1,20536·108 m
|
Área superficial
|
4,27×1010 km² 83,703 Planetas Terra
|
Masa
|
5,688·1026 kg
|
Densidade media
|
690 kg/m³
|
Gravidade superficial
|
10,44 m/s²
|
Período de rotación
|
Ecuatorial 10h,13 m,59s Interno 10 h,39m,25s
|
Inclinación axial
|
26,73°
|
Albedo
|
0,47
|
Velocidade de escape
|
35,490 m/s
|
Temperatura superficial
|
mín.
|
media
|
máx.
|
82 K |
143 K
|
? K
|
|
Características atmosféricas
|
Presión atmosférica
|
1,4·105 Pa
|
Hidróxeno(H2) |
~96%
|
Helio |
~3%
|
Metano |
~0,4%
|
Vapor de Auga |
0,1%
|
Amoníaco |
0,01%
|
Etano |
0,000 7%
|
Fosfina |
0,0001%
|
|
Saturno é o sexto planeta do Sistema solar e o único con aneis visíbeis dende o noso planeta. Foi chamado así polo deus romano Saturno. Forma parte dos denominados planetas exteriores ou gasosos, tamén chamados xovianos, por Xúpiter. Antes da invención do telescopio, Saturno era o planeta coñecido máis distante. O primeiro en observarlle os aneis foi Galileo en 1610, aínda que a baixa inclinación dos aneis e a baixa resolución do seu telescopio fíxolle pensar que se trataban de grandes lúas.[1] Christiaan Huygens, con mellores medios de observación puido en 1659 ollar con claridade os aneis.[2] No ano 1859 James Clerk Maxwell demostrou matematicamente que os aneis non podían ser un único obxecto sólido, senón que debían ser unha agrupación de millóns de partículas de menor tamaño.[3]
O planeta Saturno é un xigante de gas, o segundo do sistema en tamaño despois de Xúpiter, ó que se asemella bastante en constitución. A súa distancia media do Sol é duns 1429 millóns de quilómetros.[4]
- ↑ Helden, Albert Van (1977). The Invention of the Telescope (en inglés). American Philosophical Society. ISBN 978-0-87169-674-8.
- ↑ Huygens, Christiaan; Vlacq, Adriaan; Hollingworth, Jacob; Burndy Library, donor DSI (1659). Cristiani Hugenii Zulichemii, Const. f. Systema Saturnium : sive, De causis mirandorum Saturni phaenomenôn, et comite ejus Planeta Novo. Hagae-Comitis : Ex typographia Adriani Vlacq.
- ↑ Huygens, Christiaan; Vlacq, Adriaan; Hollingworth, Jacob; Burndy Library, donor DSI (1659). Cristiani Hugenii Zulichemii, Const. f. Systema Saturnium : sive, De causis mirandorum Saturni phaenomenôn, et comite ejus Planeta Novo. Hagae-Comitis : Ex typographia Adriani Vlacq.
- ↑ "Saturno". www.if.ufrgs.br (en portugués e inglés). Consultado o 31 de maio de 2024.