Schlagenheim | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Black Midi | ||||
Publicado | 21 de xuño de 2019 | |||
Gravación | 2018 | |||
Estudio(s) | Mr. Dan's Studio, Londres | |||
Duración | 43:10 | |||
Xénero(s) | rock experimental, math rock, post-punk, art rock, noise rock | |||
Selo(s) | Rough Trade Records | |||
Produtor | Dan Carey | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Schlagenheim é o primeiro álbum de estudio da banda inglesa de rock Black Midi, publicado o 21 de xuño de 2019 a través do selo Rough Trade Records.[1] O grupo gravou a meirande parte do traballo en cinco días co produtor Dan Carey no seu estudio no sur de Londres.[1] Durante a súa gravación, a banda tomou a decisión consciente de non replicar o seu son en directo, embelecendo a súa configuración de cuarteto con sintetizadores, secuenciadores, caixas de ritmos, banjos e órganos, mentres que a música foi desenvolvida de forma orgánica a través de extensas sesións de improvisación.
Schlagenheim foi loubado polos críticos musicais e posteriormente foi nomeado ao Mercury Prize de 2019.[2] O disco tamén chegou ao número 43 da lista británica de álbums.[3]