Un schnauzer mediano pedrésSchnauzer xigante negro nunha exposición
O schnauzer é un tipo de can de orixe alemá. A Federación Cinolóxica Internacional (FCI) encadrou todas as razas schnauzer no grupo 2, sección 1, subsección 2. Divídense en tres tamaños:
O schnauzer pequeno (oficialmente zwergschnauzer, número 183 para a FCI): entre 30 e 35 cm á cruz.[1]
O schnauzer mediano (oficialmente schnauzer, e ás veces mittelschnauzer, número 182 para a FCI): entre 45 e 50 cm á cruz.[2]
O schnauzer xigante (oficialmente riesenschnauzer, número 181 para a FCI): entre 60 e 65 cm á cruz para as femias, e de 65 a 70 para os machos.[3]
Nos tres talles preséntanse dúas cores: a negra, e a pedresa, que é característica deste tipo de cans. No schnauzer pequeno existen tamén a mestura de cor negra e prata, mentres que a FCI recoñece tamén a branca, que non é aceptada polo outro gran organismo internacional, o American Kennel Club. A clasificación da FCI establece as cores de cada tamaño como razas independentes, co que poden competir nos eventos caninos de forma separada as oito variedades recoñecidas baixo a denominación de schnauzer.