Scott Joseph Kelly, nado en Orange, Nova Jersey, o 21 de febreiro de 1964, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-103, STS-118, Soiuz TMA-01M, Soiuz TMA-16M e Soiuz TMA-18M. Foi membro das expedicións 25, 26, 43, 44, 45 e 46 á Estación Espacial Internacional e é irmán xemelgo do tamén astronauta Mark Kelly.[1][2]