Scrooge: Conto de Nadal | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Scrooge: A Christmas Carol |
Director | Stephen Donnelly |
Produtor | Ralph Kamp Andrew Pearce |
Guión | Stephen Donnelly Leslie Bricusse |
Baseado en | Scrooge de Leslie Bricusse Un conto de Nadal de Charles Dickens |
Intérpretes |
|
Música | Jeremy Holland-Smith (banda sonora) Leslie Bricusse (cancións) |
Montaxe | Graham Silcock |
Estudio | |
Distribuidora | Netflix |
Estrea | ![]() Netflix: 2 de decembro de 2022 |
Duración | 97 minutos |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Animación e infantil |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Scrooge: Conto de Nadal[1] (orixinalmente en inglés: Scrooge: A Christmas Carol) é un filme británico-estadounidense dirixido por Stephen Donnelly. O guión foi escrito por Donnelly e Leslie Bricusse, e é unha adaptación do filme de 1970 Scrooge, para o cal Bricusse escribiu o guión e compuxo as cancións. Producido por Netflix Animation e Timeless Films, o filme conta coas voces de Luke Evans, Olivia Colman, Jessie Buckley, Jonathan Pryce, Johnny Flynn, James Cosmo e Trevor Dion Nicholas. Estreouse en cinemas escollidos dos Estados Unidos o 18 de novembro de 2022, e estreouse en liña en Netflix o 2 de decembro dese mesmo ano.
Estreouse dobrado e subtitulado en galego o 2 de decembro de 2022 a través da plataforma de Netflix.[2]