Nome completo | |
---|---|
Bandeira | Suíza |
Baseada en | |
Tempadas en activo | 2 (1962-1963) |
Número de pilotos | Jo Siffert Heinz Schiller Heini Walter Phil Hill |
Debut | Gran Premio de Bélxica de 1962 |
Carreiras | 5 (4 saídas) |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | 0 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Francia de 1963 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Scuderia Filipinetti (tamén en francés Ecurie Filipinetti) foi un equipo suízo que competiu en carreiras de coches deportivos e ocasionalmente na Fórmula 1 entre 1962 e 1973. Foi fundado por Georges Filipinetti (1907-1973) para apoiar ao piloto suízo Jo Siffert, pero empregou a moitos outros pilotos incluíndo Jim Clark, Phil Hill e Ronnie Peterson. Filipinetti inicialmente chamou ao equipo Ecurie Nationale Suisse, pero cambiouno logo das queixas do Automobile Club de Suisse.[1] O equipo competiu nos seus coches cunha librea vermella e branca e habitualmente con automóbiles Ferrari, malia que tamén empregaron outros fabricantes como Fiat[2] e Chevrolet; O Chevrolet Corvette L88 de 1968 do equipo fixo o seu debut en Le Mans en 1968 e volveu para as 24 Horas de Le Mans cinco veces máis, consecutivamente, ata 1973, unha marca que permanece intacta ppr calquera outro chasis.[3]