Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
"Seaside Rendezvous" é unha canción do grupo de rock británico Queen, que figura como número sete do seu cuarto álbum de estudio: Unha Noite na Ópera. A canción, que nunca foi interpretada en directo, foi escrita por Freddie Mercury e amosa claras influencias do vaudeville e do "music hall".
Esta canción conta cunha curiosa sección de ponte musical executada vocalmente por Mercury e mais por Roger Taylor, na súa parte central.
Nesa parte musical escóitanse uns alegres e agudos sons dun kazoo, producidos vocalmente por Mercury e Taylor, que alcanzan notas infrecuentemente altas. Entre outros instrumentos, tamén interpretan os sons de tubas e trompetas.
Trátase dunha das poucas cancións de Queen nas que Brian May non ten participación ningunha.
A canción parece doutro tempo. Trátase dunha especie de foxtrot, cun aire de ragtime e cunha letra que parece máis ben dos anos 20 ou 30 ("Be My Clementine").