![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2022.) |
Semana Santa | |
---|---|
![]() | |
Tipo | liturgical season (en) ![]() ![]() |
Subclase | semana de conscientização (pt) ![]() ![]() |
Parte de | ano litúrxico ![]() |
Composto por | |
Domingo de Ramos, Luns Santo, Martes Santo, Mércores Santo, Xoves Santo, Venres Santo e Sábado Santo ![]() | |
Na rede | |
![]() | |
[ Wikidata ] |
A Semana Santa é unha celebración cristiá que conmemora a Paixón de Cristo, e que engloba a entrada en Xerusalén, a Última Cea, o viacrucis, a morte e a resurrección de Xesucristo. A súa data de celebración é variable, entre marzo e abril.
Dá comezo co Domingo de Ramos e finaliza o Domingo de Resurrección, aínda que a súa celebración se inicia en varios lugares no venres anterior ao Domingo de Ramos, coñecido como Venres de Dores.
Durante a Semana Santa teñen lugar numerosas mostras de relixiosidade popular por todo o mundo, destacando as procesións, as penitencias e as escenificacións da Paixón, morte e resurrección de Xesús.