Semana Verde de Galicia | |
---|---|
Semana Verde no 2009. | |
Tipo | feira de mostras |
Data de fundación | 1978 |
País | Galicia |
Na rede | |
https://www.semanaverde.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Semana Verde de Galicia é unha importante feira do sector primario celebrada anualmente nos meses de maio ou xuño na localidade pontevedresa de Silleda. Comezouse a celebrar no ano 1978.
Para a celebración do evento habilitouse un recinto feiral que se rematou de construír no ano 1996 cando foi inaugurado polo rei Xoán Carlos I. Este recinto adoita coñecerse polo nome da feira, sendo habituais as expresións o recinto da Semana Verde ou a Semana Verde.