Sendeiros de gloria

Sendeiros de gloria
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalPaths of Glory
DirectorStanley Kubrick
ProdutorJames B. Harris
Guión
Baseado enPaths of Glory de Humphrey Cobb
Intérpretes
MúsicaGerald Fried
FotografíaGeorg Krause
MontaxeEva Kroll
EstudioBryna Productions
DistribuidoraUnited Artists
Estrea 25 de decembro de 1957
Galicia 14 de abril de 2002 (TVG)
Duración88 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroBélico
Orzamento$900 000[1]
Na rede
IMDB: tt0050825 Filmaffinity: 448956 Allocine: 4499 Rottentomatoes: m/paths_of_glory Mojo: pathsofglory Allmovie: v37425 TCM: 19285 Metacritic: movie/paths-of-glory TV.com: movies/paths-of-glory BNE: XX3960679 Editar o valor en Wikidata

Sendeiros de gloria (en inglés: Paths of Glory) é un filme antibélico estadounidense do ano 1957, cuxa acción se desenvolve durante a Primeira guerra mundial. Foi dirixido por Stanley Kubrick e protagonizado por Kirk Douglas. Baséase na novela do mesmo nome de Humphrey Cobb, publicada en 1935.

En 1992, o filme foi considerado «cultural, histórica e esteticamente significativo» pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos e seleccionada para a súa preservación no National Film Registry.

Estreouse en galego o 14 de abril de 2002 a través da TVG.[2]

  1. McGee, Scott; Steffen, James. Turner Classic Movies, ed. "Paths of Glory (1958) - Articles". Consultado o 15 de decembro de 2014. 
  2. "Edición do sábado". La Vanguardia: 9. 13 de abril de 2002. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne